Monday 06 de May de 2024

O ‘xenerais da Ulla’ de Bama reviven o próximo domingo, 12 de febreiro, o seu tradicional ‘Domingo de Corredor’


O Entroido no Concello de Touro comenza a súa andaina. A parroquia de Bama revive o próximo 12 de febreiro o ‘Domingo de Corredor’, unha das celebracións que ten como protagonistas aos ‘xenerais da Ulla’, que a súa vez lembran a batalla entre o xeneral amotinado Solís e o xeneral que capitaneaba as forzas leais á raiña Isabel II. Será unha das principais citas do ‘Entroido’ deste ano no Concello de Touro, que se completará coa ‘Antroidada’ dos ‘xenerais da Ulla’ da parroquia de Fao, previsto para o 21 de febreiro, martes de Carnaval, e co desfile de Xenerais na feira do día 5 de marzo en Fonte Díaz.

A ‘parranda’, composta por xóvenes da parroquia de Bama vestidos con traxes regionais e disfraces, e os Xenerais serán os encargados de dar o pistoletazo de saída ao carnaval de Bama. Comenzará ás 11.00 horas o percorrido polas diferentes aldeas da parroquia durante a mañá. Xa ás 16.30 horas os ‘xenerais da Ulla’ desfilarán a cabalo e serán protagonistas da loita dialéctica no campo da festa de Bama. A ‘parranda’ cantará unhas coplas. Logo será o turno da ‘vellada’, onde os maiores da parroquia representan aos políticos e os seus enfrontamentos. Xa ao final da celebración, na que participan arredor dun centenar de veciños, aparece o ‘frade’ que afronta o ‘pregón’, coplas que contan o que preocupa os xóvenes da parroquia. Haberá concurso de disfraces con premios para as carrozas (grupos) e para os disfraces individuais.

TOURO PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2023

-Domingo 12 de febreiro. BAMA. 16.30 horas. Entroido de Bama. Campo da Festa.

-Martes 21 de febreiro. FAO. 16.30 horas. Martes de Entroido. Entroido de Fao. Campo da Festa.

-Domingo 5 de marzo. FONTE DÍAZ. 12.30 horas. Fonte Díaz. Feira do Entroido. Desfile dos ‘Xenerais da Ulla’ e dos diferentes personaxes do Entroido.

Podedes atopar información na seguinte web:

www.xeneraisdaulla.com